Site icon Crónica3.com A Mariña

Provincial de bádminton en Mondoñedo

IMG-20170423-WA0010Mondoñedo 23-4-17. Este domingo celebrouse en Mondoñedo o provincial de bádminton en categorías benjamín, alevín, infantil e cadetes masculino e feminino.

Os mellores deportistas neste deporte competiron durante toda a mañá, desde as 11, no Polideportivo Municipal.

Na categoría benjamín Mixto, o primeiro clasificado foi Antón Fernández Aguiar da Asociación Salto do Coro de Mondoñedo, o subcampión é Alejandro Loureiro Fernandez de Sarria; o terceiro clasificado é Ugo García Fernández de Sarria; e o Cuarto clasificado é Xabier Pérez Cabanas da Asociación Salto do Coro de Mondoñedo.

En categoría Alevín masculino, o primeiro clasificado foi Saúl Fernández de Sarria; o segundo clasificado foi Javier Díaz de Sarria; o terceiro clasificado foi Saúl Tourón de Sarria; e o cuarto clasificado foi Alejandro de la Fuente de Sarria.

En Categoría alevín feminino, a primeira clasificada foi Andrea Mouredo de Sarria; o subcampión foi Gabriela Pérez de Sarria; A terceira foi Andrea Fernández de Sarria; e a cuarta clasificada foi Alba Cendán de Vilalba.

En Categoría infantil masculino o cuarto clasificado foi Anxo Delgado do Martínez Otero; o terceiro clasificado foi Samuel Álvarez das ED de Chantada; o segundo clasificado Marcos Rivas do Martínez Otero; e o primeiro clasificado foi Anxo Sampayo da ED CHANTADA.

En categoría infantil feminino, a primeira clasificada foi Antía Castiñeira do Martínez Otero; a segunda clasificada foi Verónica Dukart de ED CHANTADA;a terceira clasificada foi Helena García de ED CHANTADA; e a cuarta clasificada foi Chiara Maierú do Martínez Otero.

En Categoría cadete masculino, o primeiro clasificado foi Miguel López de Sarria; o segundo clasificado foi Adrían López da AD Salto do Coro de Mondoñedo; e o terceiro clasificado foi Andrés Fernández do Martínez Otero.

En categoría cadete feminino a primeira clasificada foi Irene García.

Desde a Asociación e a Delegación de Deportes quérese agradecer a colaboración na proba de todos e cada un dos voluntarios no traballo previo, durante a proba e despois da mesma para a recollida do material.

Na entrega de medallas estiveron Dani Moirón como representante da Xunta de Galicia; Manuel Tapia, concelleiro de Deportes do Concello; Ramiro Pradelo, presidente da Asociación Salto do Coro de Mondoñedo; membros da Asociación deportiva e monitores de todas as escolas participantes.

Exit mobile version