Site icon Crónica3.com A Mariña

Ramiro Fernández fai unha valoración positiva da II semana do deporte de Burela que concluía este domingo

090417 Foto padel Semana DeporteBurela, 10 de abril de 2017. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, fai unha valoración moi positiva da II Semana do Deporte que concluía onte con actividades de pádel e sendeirismo, despois de acoller desde o pasado mércores diversas actividades e abordar diferentes temáticas en torno á actividade deportiva.

O edil socialista dixo: “desde a Concellería de Deportes o balance que podemos facer desta segunda edición da Semana do Deporte é moi positivo. Todos os actos foron moi interesantes e as charlas desde logo eran moi atractivas para todo o público, e especialmente para o noso obxectivo que é o deporte base”.

O responsable de Deportes salientou que “tanto a primeira charla do psicólogo do CD. Lugo, como a charla de árbitros e de primeiros auxilios a verdade é que foron impresionantes. O único pero que lle podemos poñer a esta Semana do Deporte, se e que lle podemos poñer algún, é ao mellor un pouquiño de falta de implicación nalgunha das charlas por parte dos clubs aos que ían dirixidas. Entendemos que a actividade diaria dos clubs é importante e iso foi o que provocou que ao mellor non fixeran o seguimento das charlas que nosoutros esperábamos. É unha cousa que temos que mellorar de cara a próximos anos”.

Ramiro Fernández Rey recalcou que “en todo caso o balance é totalmente positivo e xa estamos empezando a traballar para o ano que ven na terceira edición desta Semana do Deporte, que entendemos que é moi importante e necesaria para o deporte de Burela”.

O concelleiro burelés tivo palabras de agradecemento para os colaboradores coas actividades nesta Semana do Deporte, que foron: Activity Center, AFD Porto de Burela, Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, Club Baloncesto Burela, CD Burela FS Pescados Rubén, Club Cerezo Bikes, CD Lugo, El Progreso A Mariña, Federación Galega de Baloncesto, Federación Galega de Fútbol, Federación Galega de Fútbol Sala, Grupo Salutrans e 061, así como tamén para os poñentes e os asistentes ás charlas e as actividades que se desenvolveron do 5 ao 9 de abril.

Exit mobile version