Site icon Crónica3.com A Mariña

Remate do programa Corpo de Muller, da concellaría de igualdade de Ribadeo

240417 Foto aire libre 2Moitas foron as mulleres que acudiron o pasado sábado ao remate do programa Corpo de Muller para participar nun baño de sol e movemento no faro de Illa Pancha. As asistentes saíron pola mañá desde o Cantón para chegar ao faro, onde fixeron unha hora de exercicios de reeducación postural global, nese marco tan espectacular para facer exercicio ao aire libre. E xa o domingo un grupo de mulleres de Ribadeo pasou a tarde no Talaso de Xixón. Segundo subliñan desde a Concellaría de Igualdade “cubríronse todas as prazas ofertadas”.

Exit mobile version