Site icon Crónica3.com A Mariña

Tres lucenses asumen responsabilidades na directiva de Nuevas Generaciones a nivel nacional

representantes_lugoLugo, 24 de abril de 2017.- Tres mozos lucenses asumen responsabilidades na directiva de Nuevas Generaciones de España, tras a elección onte de Diego Gago como novo presidente da formación político xuvenil vinculada ao Partido Popular.

A provincia de Lugo terá representación na formación nacional a través do focense Roberto Fernández, do lucense Pablo Flórez e da quiroguesa, Rosa Arza. Roberto Fernández e Pablo Flórez, actuais secretario xeral e vicepresidente de Novas Xeracións de Lugo, respectivamente, formarán parte do novo Comité Executivo. Pola súa parte, a presidenta da organización provincial Rosa Arza, integrará a Xunta Directiva como membro nato.

Os tres mozos queren agradecer a confianza depositada neles polo novo presidente da formación nacional, un compromiso que din asumir con “moita ilusión” e aseguran que aportarán á recentemente elixida directiva “traballo e compromiso cos máis novos”.

Os populares séntense orgullosos de poder transmitir á directiva nacional “os problemas e as inquedanzas dos mozos lucenses” e engaden que “desempeñaremos a responsabilidade de ser a voz da xuventude da provincia coa seriedade e o compromiso que nos demandan dende Lugo”.

Por último, dende a organización de Novas Xeracións na provincia de Lugo tamén queren felicitar ao novo presidente da formación a nivel nacional, o galego Diego Gago, do que destacan o seu traballo “entregado” á fronte da formación en Galicia.

Exit mobile version