Site icon Crónica3.com A Mariña

Usuarios da Fundación Eu Son participaron nunha actividade titulada Un partido polo planeta

DSCN6656Burela, 21 de abril de 2017. Usuarios da Fundación Eu Son participaron nunha actividade titulada Un partido polo planeta. Foi organizada pola Concellería de Medio Ambiente e impartida polas monitoras de Gaia. O obxectivo foi celebrar o Día Internacional da Terra, que se conmemora mañá, 22 de abril.

Segundo explican desde a Concellería de Medio Ambiente “nesta data téntase concienciar ao mundo da necesidade de protexer o medio ambiente e da conservación da biodiversidade, así como paliar a superpoboación, a contaminación e facer un uso responsable dos recursos naturais”.

As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia pertencentes á Delegación de Medio Ambiente, en colaboración con Sogama, realizaron onte pola tarde un xogo titulado Un partido polo planeta na Fundación Eu Son.

Noelia Mª Ben sinala que “o obxectivo deste xogo é capacitar aos participantes activamente no sistema de recollida selectiva, fomentar a reciclaxe, reforzar os coñecementos no ámbito dos tres erres (reducir, reutilizar e reciclar ) e propiciar que os participantes leven a cabo unha xestión máis sostible dos residuos urbanos”.
As monitoras de Gaia explicaron que “o taboleiro reproduce un campo de fútbol polo que os xogadores deben moverse para marcar gol na portería contraria. Só poderán avanzar se superan unha serie de obstáculos nos que deben poñer a proba os seus coñecementos en torno á reciclaxe. O xogo consta de preguntas combinado con probas onde poñer a proba as súas habilidades e talento a través do debuxo, a interpretación e as adiviñas”.

Exit mobile version