Site icon Crónica3.com A Mariña

Visitas guiadas intramuros 2017 en Viveiro

Viveiro 6-4-17. Por sétimo ano consecutivo, e dado o gran éxito e aceptación que tiveron entre o público as edicións anteriores, no ano 2017 volveremos a realizar as visitas guiadas polo Casco Histórico de Viveiro da man do historiador Xesús Martínez.

Durante estas datas de afluencia de visitantes a Viveiro parécenos moi interesante ofrecerlles a posibilidade de coñecer a cidade por medio destas visitas guiadas e de xeito gratuito.

O obxetivo é dar a coñecer o noso patrimonio cultural e artístico, non só a visitantes, senón tamén ós lugareños, para os que a maioría das veces o mais cercano é o mais descoñecido. Con esta actividade poténciase o patrimonio material e inmaterial, a historia da nosa vila e como redundou no resto de Galiza. A mellor ventá para dar a coñecer o que somos e de onde vimos, toda a historia que encerran as nosas ruas, calexas, monumentos, arquitectura, en definitiva…. Descubrir os encantos dun dos cascos Históricos de mais sona da Comarca.

As visitas serán da man do viveirense Suso Martínez, Historiador e guía de turismo oficial. Colaborador en varios medios en asuntos de turismo e historia de Galicia.
Guía do Concello de A Coruña e guía na Semana Santa de Viveiro dende o 2010.

Horarios:
Luns 10, martes 11 e mércores 12 de Abril.- ás 18:00 horas
Xoves Santo, 13 de Abril.- ás 12:00 horas
Venres Santo, 14 de Abril.- 13:00 horas
Sábado de Gloria, 15 de Abril.-.- ás 17:30 horas
Domingo de Resurrección, 16 de Abril.-.- ás 13:00 horas

O sábado 8 de Abril ás 12:00 horas terá lugar na Praza Maior de Viveiro a presentación dos distintos itinerarios e o programa completo das visitas guiadas da man do propio guía Xesús Martinez.

APERTURA XOVES SANTO
O comercio de Viveiro abrirá as suas portas o festivo de Xoves Santo en horario de mañá, así se dicidiu por maioria dos negocios. A apertura será de 11 a 14 horas que é o horario especial dos días festivos.

Exit mobile version