Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro publica as bases para optar ó programa de vivendas baleiras da Xunta

Viveiro 25-4-17. No Boletín Oficial da Provincia (BOP ) de data 24 de abril de 2017 publicáronse as bases reguladoras do Programa de Vivendas Baleiras do concello de Viveiro, que xa poden ser consultadas polos interesados, dentro do Plan Galego de Rehabilitación, Aluguer e Avance do Acceso á Vivenda 2015/2020 (Plan RehaVIta).

Este programa vai dirixido a poñer inmobles desocupados de propiedade pública ou privada en alquiler social a disposición de familias desfavorecidas.

Estas vivendas deberán ser libres e idóneas nas súas condicións de habitabilidade. Os seus propietarios poderán solicitar a inclusión das vivendas dentro do Programa presentando no rexistro xeral do concello o modelo normalizado de solicitude, xunto coa documentación que se indica nas Bases. As vivendas que se incorporen a este programa terán aseguradas, por parte do IGVS e sen custe para os propietarios, as seguintes coberturas:

1.Un seguro multirrisco do fogar, polo que quedarán cubertos todos aqueles danos sufridos pola vivenda durante a vixencia do arrendamento.
2.Un seguro da garantía do cobro da renda nas mensualidades impagadas polos arrendatarios e a asistencia e defensa xurídica dos arrendadores nos procesos de desafiuzamento ou reclamacións de cantidade por impago de rendas, que inclúa como mínimo os honorarios de avogado e dereitos e suplidos de procurador, cando a súa intervención sexa preceptiva, gastos notariais e de outorgamento de poderes para preitos e gastos de execución procesual. A garantía do cobro das rendas impagadas non poderá superar o período máximo de doce mensualidades.

Estas coberturas serán efectivas durante o tempo en que as vivendas permanezan arrendadas ao abeiro deste programa.
Así mesmo dende o día de hoxe, as persoas interesadas en acceder en réxime de arrendamento ás vivenda incorporadas no Programa de vivendas baleiras deberán solicitalo ante o Concello.
Poderán optar a elas unidades familiares cuns ingresos entre 1 e 2,5 veces o IPREM ou que sexan colectivo prioritario. Entre otros requisitos, non poderán ter relación de parentesco cos que alquilan a vivienda.

A alcaldesa
María Loureiro García

Exit mobile version