Site icon Crónica3.com A Mariña

21 feira nacional de gando cabalar en Lago-Xove

O domingo 21 de maio terá lugar na Parroquia de Lago, a 21 FEIRA NACIONAL DE GANDO CABALAR organizada pola Asociación Equina “A Medela” de Xove. A Feira vai comezar ás 10:00 horas coa apertura de mesa de inscripcións para todas aquelas persoas que queiran participar cos seus animais, e despois comezarán os distintos concursos, que en total van a repartir cerca de 2.000 euros en premios. Os actos rematarán cunha PROBA DE HABILIDADE DE BURROS ás 19:00 horas e a entrega de premios e o sorteo dun xato.

Exit mobile version