Esta nova xornada, inmersa nun ciclo de reunións previstas en distintas localidades de toda provincia, contou coa presenza da concelleira de Turismo de Viveiro, Mª Soledad Rey, do tenente alcalde, Jesús Fernández, e do presidente da APEHL, Cheché Real.
A xefa da Área de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo, Paloma Vázquez, foi a encargada de explicar a normativa turística. Pola súa banda, o inspector Manuel Borrajo e o policía Pablo Rodríguez centráronse no tema do rexistro de viaxeiros, na cartelería obrigatoria relativa á prohibición de fumar nos establecementos e de vender alcohol a menores, así como no dereito de admisión.
Ademais de intercambiar opinións e experiencias entre os asistentes, Real deu a coñecer o labor que se realiza dende a APEHL e os servizos e beneficios que teñen os asociados.