Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asoc. de veciños Vilaoriente cualifica de fraudulenta a actitude de Viesgo no seu intento de reforma e mellora da subestación de Mondoñedo

Mondoñedo 17-5-17. ESTA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS CONSIDERA INTOLERABLE A ACTITUDE DA EMPRESA VIESGO, que tras coñecer as últimas sentenzas en contra súa, e no canto de respectalas e acatalas, como debería ser, manda a súa resposta en forma de fraccionamento de proxectos para realizar obras de reforma e mellora da subestación de Mondoñedo.

Debemos sinalar, que NON SE PODE CONSEGUIR POR PARTES, O QUE NON SE PODE CONSEGUIR EN CONXUNTO. E POLO TANTO, O FRACCIONAMENTO DUN PROXECTO DUNHA MESMA NATUREZA E REALIZADO NUN MESMO ESPAZO FÍSICO, E O SEU DESMEMBRAMENTO EN VARIOS PROXECTOS MENORES, É CONTRARIO A DEREITO. E RESULTA XURIDICAMENTE IMPOSIBLE.

Pero é que ademais, a empresa Viesgo pretende disfrazar como actuacións de mantemento, as obras que se están realizando na subestación eléctrica de Mondoñedo, cando estas terían a consideración de reforma e mellora, mesmo de ampliación. Polo tanto, RESULTA EVIDENTE O INTENTO DE FRAUDE POR PARTE DE VIESGO EN TAL PROCEDER.

Desta forma, estaríase a vulnerar a lexislación vixente, en canto a un incumprimento tanto das normativas ambientais, como das de seguridade industrial, tanto europea, nacional e/ou autonómica. Así como das medidas correctoras necesarias. Todas elas, preceptivas e de obrigado cumprimento para garantir a adecuada protección das persoas e/ou dos bens. Por exemplo, en caso de incendios e explosións.

Este tipo de comportamento e presión resulta do todo inadmisible, e supón un claro desprezo á xustiza e ao estado de dereito. POLO QUE SOLICITAMOS Á CONCELLO DE MONDOÑEDO QUE DITE A PARALIZACIÓN DESTAS OBRAS DE FORMA INMEDIATA.

Cabe lembrar que a XUSTIZA vén dando a razón á Asociación de Veciños Vilaoriente sobre esta IMPOSIBILIDADE XURÍDICA de reformar, modificar ou ampliar a Subestación de Mondoñedo. As numerosas Sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e ratificadas polo Tribunal Supremo han adquirido FIRMEZA, e iso leva que a ampliación da subestación de Mondoñedo pasa a ser COUSA XULGADA, MATERIAL E FORMAL. Así:

1º.- A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO, SALA TERCEIRA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO, POR DECRETO DITADO EN DATA 22 DE OUTUBRO DE 2013, QUE ACABA DE DECLARAR FIRME A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTICIA DE GALICIA (TSXG) de data 22 DE XANEIRO DE 2010, que ESTIMABA o recurso interposto por esta Asociación de Veciños contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia no que se aprobaba o Proxecto Sectorial da liña de alta tensión da subestación de Mondoñedo á subestación de Boimente, ANULANDO O MESMO.

2º.- A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTICIA DE GALICIA (TSXG) de data 23 DE MARZO DE 2010, QUE ESTIMA o recurso interposto por esta Asociación de Veciños contra a desestimación por silencio administrativo do recurso de alzada interposto contra a resolución de 25-12-2006 ditada pola Consellería de Innovación e Industria para a ampliación da Subestación de Mondoñedo, ANULANDO A MESMA POR SER CONTRARIA A DEREITO. SENTENZA DECLARADA FIRME POR DECRETO DITADO EN DATA DO 21 DE OUTUBRO DE 2010 POLO TRIBUNAL SUPREMO, SALA TERCEIRA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO.

3º.- A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTICIA DE GALICIA (TSXG) ditada en data 1 de xuño de 2.005, que declara a nulidade da resolución dada pola Consellería de Industria sobre “Proxecto de execución de ampliación da subestación de Mondoñedo”. SENTENZA DECLARADA FIRME POR AUTO DITADO EN DATA DO 8 DE FEBREIRO DE 2007 POLA SALA DO CONTENCIOSO- ADMINISTRATIVO SECCIÓN PRIMEIRA DO TRIBUNAL SUPREMO, RECURSO DE CASACIÓN 5111/05.

Todas estas Sentenzas, representan un gran apoio e respaldo á posición mantida por esta Asociación de Veciños na súa oposición á pretendida ampliación da Subestación de Mondoñedo, recollendo así o sentir maioritario da poboación para que se cambie a localización da devandita subestación. E para que se renuncie de forma definitiva a esta instalación tan próxima a zonas densamente habitadas, máxime cando o seu estado xeral, situación e características implican un risco grave para persoas e/ou bens. Lembramos que a pretendida Ampliación da Subestación de Mondoñedo por parte de Viesgo vén xa desde 1997/98, e en todo este tempo (case 20 anos) non o conseguiron.

Por último, A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILAORIENTE, NON DESCARTA SEGUIR ESTABLECENDO TODAS AS ACCIÓNS LEGAIS PRECISAS, TANTO EN DEREITO CIVIL COMO EN DEREITO PENAL, PARA CONSEGUIR A NON AMPLIACIÓN E O TRASLADO DEFINITIVO DA SUBESTACIÓN DE MONDOÑEDO.

Esta Asociación de Veciños entende que os criterios dun desenvolvemento sustentable pasan por protexer e realzar a contorna no seu conxunto territorial, e na defensa dos seus valores culturais e naturais, sen perder por isto as súas potencialidades económicas. Pretender incrementar a Subestación, e consecuentemente o número de tendidos de Alta Tensión, causaría un grave prexuízo á poboación do centro urbano e dos núcleos rurais, tanto desde o punto de vista económico como de salubridade pública, pois aumentaría a incidencia dos Campos Electromagnéticos (CEM) na saúde dos habitantes da contorna.

José Ramón Gasalla Cabanas
Presidente de la Asociación de Veciños Vilaoriente

Exit mobile version