Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Burgo de Trasbar vén de celebrar o seu 6º aniversario

IMG-20170528-WA0013Os actos tiveron lugar esta fin de semana, repartidos nos dous días. O sábado organizouse unha andaina dende Trasbar ata Cervo, polo Camiño Real dende Sargadelos. O grupo de camiñantes saíu ás 10.30 h do local social e, logo de comer en Cervo, volveron andando ata o punto de partida. O domingo tivo lugar un xantar de confraternidade. Ao remate, o socio máis maior e o máis novo, sopraron a vela do aniversario. Tamén proxectaron un vídeo no que se resumía en imaxes este último ano.

Exit mobile version