Site icon Crónica3.com A Mariña

A banda municipal de Ribadeo ofreceu o seu tradicional concerto das letras galegas no cine teatro este sábado

280517 CONCERTO BANDA RIBADEO LETRAS GALEGAS (2)Antes de empezar a actuación unha das músicas da formación, Carolina Yáñez, dirixiuse ao público para falar do autor ao que se dedicou o Día das Letras Galegas este ano, Carlos Casares, e anunciou o programa do concerto, no que a Banda ribadense ofreceu pezas como Alborada Galega, Lela (serenata de boticarios), Lugo-Ferrol, Lonxe do mar, Mozos de Penedo, Música Mestres!, A xota de Nicolás ou Banda galega. A actuación rematou coa interpretación do himno galego.
O próximo concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo na vila ribadense será o que se celebre para conmemorar o Día da Patria, o 25 de xullo.

Exit mobile version