Site icon Crónica3.com A Mariña

A concellaría de Cultura de Ribadeo organiza unha actividade para bebés ao aire libre. Será este xoves e inclúese no programa Apego

Baixo o nome de Movementos con Apego terá lugar esta actividade ao aire libre dirixida a bebés entre 3 e 24 meses. Os participantes xuntaranse ás 17:00 horas no Cantón e irán andando ata o Cargadoiro onde se desenvolverá a partir das 17:30 horas. Desde a Concellaría de Cultura advirten de que “en caso de mal tempo sería no Teatro”.
O número de prazas é limitado polo que é preciso inscribirse para poder asistir. Poden facerse en culturaribadeo@ribadeo.org, chamando ao 982 131 565 ou acudindo ao Servizo de Normalización Lingüística, na rúa Viejo Pancho 12.

Exit mobile version