Site icon Crónica3.com A Mariña

A concelleira de turismo felicita aos gañadores e a tod@s @s participantes no XII Ribadeo de tapeo polo alto nivel das súas propostas

Ribadeo, 23 de maio de 2017. A concelleira de Turismo, Ana Martínez, felicita a tod@s @s participantes no XII edición do Ribadeo de Tapeo e subliña o seu esforzo e traballo. A edil dixo que o xurado o tivo complicado para elixir as mellores tapas debido ao alto nivel presentado na súa elaboración.

A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo declarou que “na tardiña de onte celebrouse a xornada final do Ribadeo de Tapeo 2017 coa selección do xurado profesional. Este xurado estaba composto por Carlos Maribona, crítico gastronómico, José Antonio Campoviejo, chef del Corral del Indiano e estrella Michelín, Héctor López, chef do restaurante España de Lugo e tamén membro do Grupo Nove dos cociñeiros galegos. Tamén estaban profesionais da hostalería e docentes como Miguel Ángel Sánchez e Ana Martínez”.

A edil ribadense dixo: “vaia por diante o meu agradecementos a todos eles pola súa labor desinteresada, e teño que dicir que foi complicada. Segundo me trasladaron non foi nada doado tomar a decisión entre os participantes nesta xornada. Foron unha vintena de establecementos os que concorreron ao concurso amosando como me dixeron desde o xurado e eu mesma puiden comprobar, porque estivemos alí durante a tarde de feito foi un acto público e aberto, foi unha xornada de alto nivel na elaboración das tapas”.

Ana Martínez explicou que “o problema é que non todos poden gañar no mesmo ano, e unha decisión hai que tomala e dar uns gañadores dentro do xurado. Así a decisión do xurado este ano 2017 foi dar o primeiro premio para El Oviedo Bar, o segundo premio para A Mirandilla e o terceiro premio para o Parador de Turismo. O premio á Tapa Ribadeo foi para La Villa, e tamén houbo mención especial para AG Porcillán, O Fumarel e Marinero”.

Martínez engadiu: “vaian as miñas felicitacións para todos eles, pero tamén quero facelas extensivas ao resto dos participantes. Un concurso non se fai soamente cos gañadores, senón que un concurso é grazas a todas e a todos os participantes, e polo tanto os parabéns para todos porque eles demostraron o seu esforzo, o seu traballo, a súa dedicación, e unha grande deportividade no concurso tanto durante os nove días do Ribadeo de Tapeo como na xornada de onte pola tarde, que era toda unha novidade, ter que presentar e elaborar a tapa alí en directo diante dos membros do xurado”.

A concelleira de Turismo salientou que “foi unha xornada creo que moi grata e probablemente para poder repetila, e quero darlles as grazas a todos eles pola súa participación, porque todo isto fai do Ribadeo de Tapeo un referente no mundo gastronómico e tamén é un referente dentro dos concursos cun alto nivel polo menos dentro de toda Galicia”.

Exit mobile version