Site icon Crónica3.com A Mariña

A concellería de deportes de Burela fai un balance moi positivo do campionato junio de baloncesto feminino celebrado do 7 ao 13 de maio na localidade

150517 Foto balance baloncestoBurela, 15 de maio de 2017. A Concellería de Deportes fai un balance moi positivo da celebración do campionato de baloncesto junior femenino, que se disputou na localidade do 7 ao 13 de maio. O edil Ramiro Fernández Rey, subliñou o traballo realizado polos voluntarios e a repercusión positiva que tivo para o turismo, a hostalería e o comercio da vila.

O concelleiro de Deportes dixo que “desde o Concello de Burela facemos un balance moi positivo do que supuxo o campionato de España junior feminino de baloncesto que se desenrolou aquí en Burela. O balance non pode ser máis que positivo tanto a nivel organizativo como a nivel hostaleiro”.

Fernández Rey contou que “estivemos en contacto cos hostaleiros de Burela e felicitáronnos por traer este campionato a Burela, e están extremadamente contentos de cómo se foi desenvolvendo toda esta semana”.

O edil socialista subliñou: “desde o Concello felicitar ao Club Baloncesto Burela polo traballo feito estes días, e agradecer enormemente o traballo dos voluntarios que estiveron organizando a sede aquí en Burela”.

O concelleiro de Deportes sinalou que “o Concello fai un balance extremadamente positivo do campionato. Esperamos en próximos anos seguir traendo eventos deste tipo, que entendemos que son positivos sobre todo apostando polo turismo, a hostalería e o comercio de Burela, que pensamos son os grandes beneficiados de que estas actividades se fagan en Burela”.

Exit mobile version