Despois da xuntanza o rexedor municipal focense explicou que “foi unha reunión moi interesante para valorar as posibilidades de mellorar a funcionalidade da dársena de Portochico, que é unha das dúas que ten o noso porto. Por parte da delegación focense temos que agradecer a atención que nos dispensou a conselleira, sabendo a problemática que existe de falta de calado nas dúas dársenas e as limitacións que a día de hoxe teñen os usuarios, tanto os pesqueiros como os da náutica deportiva en Foz”.
Javier Castiñeira engadiu: “confórtanos saber que está moi avanzado o dragado da dársena interior do porto, pero para a parte de Portochico, que ten un potencial moito maior do que ofrece actualmente, a proposta que se fixo por parte dos directivos de A Ribeira eu creo que é moi interesante. De feito vaise analizar por parte dos técnicos da Consellería para ver se é viable e poder nun momento dado, segundo os estudios que se teñan que facer, ampliar a oferta que pode dar Portochico simplemente cuns pequenos cambios estruturais”.
O alcalde de Foz rematou dando as grazas “desde á delegación focense á conselleira, Rosa Quintana; ao delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro; e ao presidente de Portos, José Juan Durán, por escoitarnos e ver as demandas dos usuarios do porto de Foz”.