Site icon Crónica3.com A Mariña

A MARIÑA É TERRA DE HOMES DE POUCA FE

Pasei a seman contemplando, atónito, como a cultura democrática nesta comarca dos nosos pecados, non é de moita calidade. Polo menos, a teórica. Porque xa me dirán que están dicindo os moitos opinadores que á palestra saíron con iso de que seguimos sin contar un pimento morrón para o Estado e para o gobernó galego, xa que soio figuran migallas para a tan cacareada autovía de A Espiñeira ata O Castelo en san Ciprian e para continuar co chamada “Estrada de Altaas prestacions” dende O Castelo ata Ferrol. Toda unha sarta de frases dese tipo que saíron pola boquiña ou a pluma de sesudos conciudadans do mundo da política, o xornalismo e todo tipo de “axentes” sociais..
¡Pero homes de pouca fe, que estamos no século XXI, nun dos poucos países que no mundo teñen a sorte de gozar dunha democracia madura e consolidada! Xa pasou o tempo decimonónico en que Sagasta e Castelar se turnaban, as urnas estaban marcadas, tipo puchero, e decidían os caciques. Xa non fai falta usar iso de “ter man” nunha Institución, como equivalente a “ter padrinos”, no sentido de protectores ou valedores que inflúan por un. Naqueles tempos, por exemplo, ao acceder ao Goberno Castelar, cesaban todos os funcionarios do país, que eran correligionarios do cesante Goberno de Sagasta; ata o conserjes de todos os organismos. Eran os “cesantes”, oficio moi concorrido, pois todos os traballadores do público, eran de libre designación e cese. Aí si que había que ter man; os caciques eran os conseguidores e controladores de todo. Facíanse as cousas por influencia cos xestores e os políticos.Pero iso xa pasou, irmáns. Afortunadamente. Jeje..
Hoxe non necesitamos máis padrinos que os dos bautizos, e o refrán «O que ten padriños bautízase», que equivale a dicir: «O que ten padriños logra o que desexa». Pero nunha democracia, o padriño é o imperio da Lei. E si aquí temos unha carretera dende A Espiñeira ata Xoive chea de fochancas e por que nobn temos padriños temos alcaldes, diputados e delegados que viven ou son de aquí pero nin o bedeles de Rajoy e frijoo lles fan puñetero caso, non fai falla arranxar nada aquí votalles a maioria todo esta ben A Mariña vai ben. Paisanos. Os gobernos deverian realizan accións públicas reguladas, ante as que todos os cidadáns somos iguais, cos mesmos dereitos e deberes, aínda que sexamos da esquecida, do medio ou da dereita (¡Canta falacia!) A MARIÑA ten os mesmos dereitos, pese ao complexo mariñan-provincian que tanto mal nos fai

Exit mobile version