Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades pola celebración das letras galegas do IES Marqués de Sargadelos

O SON DO AR-2Bach(1)Cervo 24-5-17. Coa intención de celebrar o día das Letras Galegas, os Departamentos de Música, galego e Educación Física do Ies Marqués de Sargadelos están a organizar un serie de actividades:

O pasado luns 22 o Instituto Illa de Sarón (Xove) e o Ies Marqués de Sargadelos (San Cibrao) realizaron neste último un encontro no que os alumnos poideron disfrutar dunha exhibición de billarda a cargo do equipo da Liga Norleste mariñaña, así como do Club de Bolos de Xove. Como remate, no día de onte, o grupo de baile Saíñas (Xove) e alumnos do Marqués de Sargadelos (San Cibrao) interpretaron as pezas “Muiñeira de Baralla” recollida no concello de Baralla (Lugo), a de Bardán do Concello de Tordoia (A Coruña) e o “Maneo de Seaia” (Malpica de Bergantiños).

“Quixemos levar a cabo un encontro entre os centros mostrando o noso patrimonio cultural galego a través dos xogos tradicionais e da propia música. Ao longo da semana, ademais da música tradicional, os alumnos, no tempo de lecer, interpretarán pezas galegas doutros estilos: Rap e beatbox, folk, pop…..considerome satisfeita cos resultados sonoros non so porque moitos son alumnos que non asisten a centros de especialización musical senon tamén polo interés demostrado por eles mesmos. No caso de Rap escribiron a letra e incluso puxeron a propia base rítmica.

Esperamos poder manter en anos venideiros encontros que sirvan para potenciar o acervo cultural galego”

 

Exit mobile version