Educación recoñece o rendemento académico e o esforzo persoal de 40 estudantes da ESO
O conselleiro de Cultura e Educación presidiu a entrega anual dos Premios Extraordinarios que valoran a capacidade de traballo e a perseveranza destes rapaces durante o curso pasado
Román Rodríguez subliña que estes galardóns son un “éxito colectivo” de familias, profesorado e alumnado
Un total de 40 estudantes de Educación Secundaria Obligatoria (ESO) foron recoñecidos cos Premios Extraordinarios de ESO ao rendemento académico e ao esforzo e superación persoal durante o pasado curso 2015/2016. Repartironse 20 premios ao rendemento académico e outros 20 ao esforzo e superación.
Álex Landim Correia está entre os 20 galardoados que merecen un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrado ao longo da etapa de Secundaria en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas ou do contorno familiar e sociocultural. Os premios están dotados con 750 € e diploma acreditativo.