Site icon Crónica3.com A Mariña

AS LEISES E OS CARTOS DA POLÍTICA

O caso do finanzamento irregular dos partidos é palmario. Modificouse 4 veces a lexislación sobre este asunto. Desde 1987 en que se amplía o financiamento público dos partidos, tralo escándalo Flick, impoñendo unha serie de limitacións ao financiamento privado. Llimites anuais por donante, prohibición de doar ás empresas contratistas coa Administración. Sen caer na conta que todas as limitacións quedaban en papel mollado ao permitir as donaciones anónimas; pasando á reforma de 2007, onde 20 anos despois prohíbense as donaciones anónimas, pero o lexislador esquécese de limitar as condonaciones das débedas bancarias das que se beneficiaban todos os partidos, e permite que as empresas contratistas coa Administración, que seguían sen poder doar aos partidos, si puidesen facelo aos seus fundaciones; chegamos aos cambios de 2012, pola presión do informe de 2009 exercida polo GRECO (Grupo de Estados contra a corrupción) do Consello de Europa: os agasallos dos bancos aos partidos víronse suxeitos ás mesmas limitacións que as donaciones de carácter xeral, pero o Goberno de Rajoy flexibilizou aínda máis o réxime de donaciones ás fundaciones dos partidos e eliminou o tope das cuantías que podían recibir. E terminamos coa reforma da lei en 2015. O caso Bárcenas provoca un acto de contrición do PP, que prohibe completamente as donaciones corporativas aos partidos , non só das empresas contratistas, pero, ¡ai!, segue permitindo as donaciones ás súas fundaciones sen límite de cantidade. É máis, tamén as empresas con contratos en vigor coa Administración poden efectualas. O aspecto cosmético destas reformas lévanos aos peores niveis de desconfianza política que habemos ter nunca. E, ademais, cunha inflación de normas que complica os niveis de seguridade xurídica: España multiplica por 10 as disposicións normativas que ten Alemania. Pero temos 11, 2 xuíces por cada cen mil habitantes mentres que Alemania ten 24, 7 xuíces pola mesma proporción de habitantes e a bo seguro que os xuices alemans son bastante mais éticos e honrrados que os que aquí temos.

Exit mobile version