Site icon Crónica3.com A Mariña

As monitoras de Gaia, do concello burelés, acompañaron aos usuarios de Camiña a unha visita realizada a unha empresa de Lourenzá

240517 Foto Gaia LourenzaBurela, 24 de maio de 2017. As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia, do Concello burelés, acompañaron onte pola tarde aos usuarios da Asociación Camiña a visitar Viveros Cabaleiro, en Lourenzá.

Segundo explican “os usuarios pasearon polos distintos invernadoiros e polos xardíns ao aire libre, observando multitude de especies tanto de plantas como de árbores (froiteiras e de xardín) recalcando a importancia de venta de palmeiras, que alí mesmo cultivan e exportan ao exterior. Durante a visita acompañounos persoal que, ademais de explicarnos moitas cousas que descoñecíamos (tipo de terra que se utiliza para determinadas especies, tipo de abono, coidados necesarios, rego, etc ), agasallaron á asociación con plantas e cunha palmeira”.

A asociación Camiña e as monitoras do Centro Gaia, pertencentes á Delegación de Medio Ambiente que dirixe Noelia Mª Ben, están moi agradecidas pola atención, amabilidade e o trato recibido.
A concelleira burelesa subliñou que “a través destas iniciativas intentamos concienciar sobre a importancia da agricultura, o uso dos invernadoiros así como o coidado e respecto polo medio ambiente”.

Exit mobile version