Site icon Crónica3.com A Mariña

Campos Conde cortou a cinta de saída da segunda etapa da Volta ás Comarcas na Pontenova

SaídaVoltaPontenovaO Presidente da Deputación, deu este sábado o pistoletazo de saída na Pontenova á segunda etapa da Volta ás Comarcas 2017, Desafío Volta Lugo, que conta co patrocinio principal do organismo provincial. O remate desta segunda etapa terá lugar na Praza do Concello de A Fonsagrada, completando unha distancia de 117,1 quilómetros e 3.077 metros de desnivel positivos. Neste segundo día, os ciclistas enfrontaranse a altos de montaña como o Alto de Marco de Álvarez (2ª Categoría), o Alto da Barraca (1ª Categoría), o Alto de O Couso (1ª Categoría), ou o Alto de Muradal (1ª Categoría). Atravesará os Concellos de: A Pontenova, Meira, Ribeira de Piquin, A Fonsagrada.

Exit mobile version