
Xove 3-5-17.A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou este mércores 3 de maio, unha actuación dentro do Programa LER CONTA MOITO, programa patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas.
Das tres actividades programadas polo Concello dentro de Ler Conta Moito, este mércores chegou a primeira: Alvaro Muras co espectáculo “CARLOS CASARES CON MAXIA E MÚSICA”. É dunha das actividades programadas este ano polo Concello para celebrar as Letras Galegas e para celebrar a Carlos Casares.