As entradas teñen un prezo de 35 € e poderán recollerse ata mañá xoves , nos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela e Ribadeo, na Unidade Residencial de Cervo (en horario de 10-14 h), e no propio restaurante.
Trátase dunha cea benéfica, recaudando a Asociación 5 € en cada plato, destinados posteriormente ao programa de ocio e tempo de lecer dos usuarios dos Centros, programa que redunda positivamente na mellora da calidade de vida de todos eles e consecuentemente na súa estabilidade clínica. A actividade de ocio terá lugar o próximo mes de Xuño, mes no que viaxarán ao Acuapark de Cerceda, unha viaxe moi demandada por todos eles.
Dende a Asociación convidámolos a que se unan a esta xuntanza para disfrutar dunha noite divertida, relaxada e en boa compañía e tamén para traballar todos xuntos por romper co estigma que acompaña ás persoas con enfermidade mental e concierciar á sociedade da importancia de traballar por unha boa saúde mental.
A velada estará amenizada por “Disco Karaoque Estrella”, que desinteresadamente quere colaborar coa causa , a quen agradecemos enormemente esta iniciativa e sensibilidade especial co noso colectivo.
No transcurso da cea haberá numerosos sorteos , agradecemos por tanto ás seguintes empresas que colaboraron facendo doazóns para que a velada sexa irrepetible: Farmacia O Parque, Afflelou, Carlin, Pousada O Almacén, Cafetería Nordesía, Pizzería O Trasgo, Farmacia Boñar Xove, Restaurante O Castelo, Calzados Tomás, Eroski, Alecrín, Coren, Discibrán, Distribuciones Fraga, Casa Pepe, Peluquería Eugenia de Xove, O Forno de Pepe, Estación de Servicio Otero Vázquez, Frutas la Valenciana . Contamos tamén con algunha doazón anónima e por suposto con pezas artesanais elaboradas con moito mimo polos nosos usuarios para a ocasión.