Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebracion das letras galegas en Libraría Bahia

Organizamos en colaboración có club de lectura da Pomba do Arco un coloquio có escritor vivariense Manuel Lopez, xerente de Gráficas Lar, editor  e  autor do relato TRES BALAS, editado por Edicións Embora. Tres Balas é o relato do último día da vida dun fuxido da Guerra Civil. Através dos acontecementos e pensamentos do seu personaxe,  Manuel da conta cunha prosa fermosa e concisa do que foi a realidade dos fuxidos e de todos aqueles que, dende as vilas e aldeas, mantiveron contacto con eles.  Unha historia próxima aínda no tempo que cómpre manter viva. Ademáis do coloquio que se celebrará o xoves 18 ás oito e media da tarde, durante todo o día O LIBRO GALEGO terá un 10% de desconto.

Exit mobile version