Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebración do 17 de maio da Asoc. Francisco Lanza

Ribadeo 16-5-17. Na Agrupación Cultural Francisco Lanza queremos colaborar para que a celebración do Día das Letras Galegas sexa un éxito, e, sobre todo, para conseguir que cada vez haxa máis persoas que amen e defendan o galego, o idioma deste país.

Con esta idea, e máis un ano, tratamos de fomentar a lectura en galego e a difusión dos libros escritos neste idioma. Por iso animamos a que compredes algún nas librerías da vila. Nós agasallámosvos con un marcapáxinas e un caravel.

Tamén animamos a participar na manifestación en Santiago que convoca Queremos Galego, plataforma da que a nosa Agrupación Cultural fai parte.

Por último, organizamos tamén unha actuación do grupo musical Pirilampo, dirixida especialmente ás crianzas, fundamentais para que o noso idioma teña futuro.

Exit mobile version