As actividades comezaron cunha misa á que seguiu a asemblea na que participaron a secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella; o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira; o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro; a deputada provincial de Facenda e Economía e alcaldesa de Trabada, Mayra García; o secretario da Subdelegación do Goberno en Lugo, Roberto Raposo; a presidenta da Asociación de Viúvas de Lugo e da Federación Galega de Viúvas, Aurora Carro Páramo; e o investigador e divulgador cultural Xosé Ramón Ermida Meilán, quen exerceu de conferenciante e realizou un achegamento á historia de Foz. Tamén asistiron a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e a concelleira da Muller en Foz, Mercedes González.
Tanto os representantes das administracións como a presidenta da Federación de Asociacións de Viúvas de Galicia fixeron fincapé na importancia da labor asociativa e da fortaleza da muller. Tamén se puxeron enriba da mesa reivindicacións de asuntos como as pensións.
As asociacións participantes foron: Asociación María Magdalena, de As Pontes; Asociación María Andrea, de Ourense; Asociación Concepción Arenal, de Ferrol; Asociación Prieto Rouco, de Vilalba; Asociación Mercedes de la Escalera, de Baiona; Asociación Julia Minguillón, de Lugo; Asociación Rosalía De Castro, de Santiago; Asociación de Viúvas Santa María do Campo, de Ribadeo; e Asociación De Viúvas Pilar Otero, de Foz.
Ao remate deste acto celebrouse unha comida amenizada con música.