Site icon Crónica3.com A Mariña

Cerca de 250 persoas participaron no congreso rexional de viúvas celebrado en Foz

200517 Congreso viúvas Foz (1)Foz, 20 de maio de 2017. Hoxe, sábado, tivo lugar na Sala Bahía, de Foz, o Congreso Rexional de Viúvas, ao que asistiron case 250 persoas.

As actividades comezaron cunha misa á que seguiu a asemblea na que participaron a secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella; o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira; o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro; a deputada provincial de Facenda e Economía e alcaldesa de Trabada, Mayra García; o secretario da Subdelegación do Goberno en Lugo, Roberto Raposo; a presidenta da Asociación de Viúvas de Lugo e da Federación Galega de Viúvas, Aurora Carro Páramo; e o investigador e divulgador cultural Xosé Ramón Ermida Meilán, quen exerceu de conferenciante e realizou un achegamento á historia de Foz. Tamén asistiron a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e a concelleira da Muller en Foz, Mercedes González.

Tanto os representantes das administracións como a presidenta da Federación de Asociacións de Viúvas de Galicia fixeron fincapé na importancia da labor asociativa e da fortaleza da muller. Tamén se puxeron enriba da mesa reivindicacións de asuntos como as pensións.

As asociacións participantes foron: Asociación María Magdalena, de As Pontes; Asociación María Andrea, de Ourense; Asociación Concepción Arenal, de Ferrol; Asociación Prieto Rouco, de Vilalba; Asociación Mercedes de la Escalera, de Baiona; Asociación Julia Minguillón, de Lugo; Asociación Rosalía De Castro, de Santiago; Asociación de Viúvas Santa María do Campo, de Ribadeo; e Asociación De Viúvas Pilar Otero, de Foz.

Ao remate deste acto celebrouse unha comida amenizada con música.

Exit mobile version