
Ribadeo 27-5-17. Ducias de persoas encheron o salón de actos da Casa Sindical de Ribadeo para escoitar ao nutricionista do Comité Olímpico Español, Jesús Bernardo, que pronunciou unha conferencia titulada “Coñecer os alimentos para ter boa saúda”. A cita foi organizada por Acisa e foi o seu xerente, Jesús Pérez, o encargado de presentar ao conferenciante ao que lle agradeceu a súa presenza desinteresada e o seu cariño por Ribadeo. Bernando dixo que o 65% das enfermidades que sofre a sociedade son produto da mala alimentación desde a infancia. Falou de diversos grupos de alimentos, dos problemas que ocasionan en nenos e adultos e tamén deu consellos sobre cómo compensar o malo que xeran na nosa saúde. O nutricionista do Comité Olímpico Español recomendou acudir a profesionais que se encargarán de enseñarlle á xente a comer. Á charla asistiron o presidente, o vicepresidente e outros directivos de Acisa, así como moito público, que ata tivo que escoitar de pé ao orador.