Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla sobre a historia de Nois

Foz 21-5-17. A Asociación Socio Cultural “A Pomba do Arco” organiza o Xoves 25 de Maio ás 20:30, unha palestra no Centro Social “A Saíra” de Nois, sob o titulo de “Nois, toponimia e patrimonio”, que correrá a cargo do estudoso local Antonio Sixto. A palestra será presentada por Xoán Ramón Fernández Pacios que falará da historia do porto baleiro de Nois.

Antonio Sixto, que acompañará a súa exposición de catro mapas da súa elaboración, no que se recollen centos de topónimos de Nois, algúns dos cales se perderon nos últimos anos, botará man da toponimia para reconstruír determinados aspectos da historia desta localidade, moi particularmente ligados ao pasado mariñeiro, vitivinícola, labrego, así como outros relacionados con cuestións etnográficas.

Xa por último lembrar que o Sábado 27 de Maio celebramos un roteiro guiado polo “Patrimonio de Nois”, para o que aínda quedan unhas poucas prazas libres, podendo inscribirse no correo electrónico da propia asociación, apombadoarco@gmail.com, ou ben chamando ao telefone 608-555-010.

Exit mobile version