Site icon Crónica3.com A Mariña

Con Pólvora e Magnolias: A Marabillosa mente de Alicia

O lingüista Noam Chomsky postulou unha teoría sobre a fala e a lingua: a teoría do desenrolo da linguaxe e da gramática universal.

A premisa primeira sobre a que pivotaba a tese do académico tiña por base que os nenos tiñan unha capacidade innata para a fala. Segundo esta teoría todos os idiomas que usamos os seres humanas terían unhas características comúns no tocante á sua estrutura, deducindo que durante a infancia o proceso de aprendizaxe pode ocorrer gracias a esta capacidade innata para recoñecer e asimilar as pautas básicas.

Outra das conclusións extraídas tería que ver co denominado “período crítico”, o espazo comprendido entre o nacemento e a pre-adolescencia, durante o cal gozaríamos dunha capacidade moito maior con respecto ao aprendizaxe da lingua.

Fixábase a tese, no tocante idea do lingüista, de que os nenos que puideran facer uso de varios idiomas durante a infancia e adolescencia, seguramente serán capaces de adquirir correctamente as bases dos mesmos.

Todas as premisas expostas nos párrafos anteriores semellan obvias nos tempos que nos tocaron vivir, mais a súa aplicación práctica ficou moi afastada dese carácter intuitivo e aínda é segue a estalo.
Os constantes cambios políticos-económicos- sociais trouxeron consigo criterios hexemónicos e coloniais e, de xeito conseguinte, a extinción de milleiros de linguas indíxenas. A perda destas conleva a extinción dunha cantidade inxente de información xeográfica, ecolóxica e climática complexa de significación universal.

Así, tal día coma hoxe, 17 de maio, día das letras galegas, mentres escribo este texto, atópome divagando sobre teorías da lingua e pensando que a escrita aínda pode ser un espazo de protección, unha minúscula contribución por manter un idioma que non é máis que un espello da mente. A pluma do escritor debe estar sempre ó servizo de liberdade dos homes.

Traída a colación a tería de Chomsky, quixera relatar un dos episodios máis emotivos e inspiradores dos últimos tempos na vila de Burela; o pasado martes 16, no medio dun ambiente enrarecido e crispado pola nova sinalización das rúas e un proxecto de peonización do casco urbano, os usuarios e monitores da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña interpretaban a obra de teatro “A marabillosa Mente de Alicia” ante 400 escolares dos colexios Virxe do Carme e Vista Alegre.

Cultura e compromiso e os soportes do futuro; enmarcada dentro da campaña de sensibilización e loita contra o estigma, a interpretación teatral foi un éxito sen precedentes. De seguro que os nenos teñen unha capacidade espontánea para a aprendizaxe do idioma, serán eles os que poidan transmitilo, loitar contra os estigmas e construír un futuro mellor

Exit mobile version