Site icon Crónica3.com A Mariña

Cursiños de Natación para “Peques” en Xove

2016-07-29 11.56.43Xove 19-5-17. Durante os meses de Xuño, Xullo e Setembro, en horarios de mañás, a Escola Municipal de Natación de Xove, organiza Cursiños de Natación para “Peques” nenos-as, de 2, 3 e 4 anos.

Os nenos-as de 2 anos ou 3 anos, pero que inda non van o “cole” , van a ter cursiños de natación nos meses de Xuño e Setembro, polas mañás (dous días a semana , martes e xoves), en horario a partir das 11:00h. da mañan.

Os nenos de 3 e 4 anos que van o “cole” van a ter cursiños nos meses de Xullo ( 2 dias a semana), tamén a partir das 11:00h. da mañan.

A duración de cada clase, e de media hora na auga, e a poder ser, os nenos-as estarán acompañados dun adulto na auga (pai-nai , avó-avoa, ou outra persoa), a parte dos Monitores.

Neste mes de Xuño, que van a vir os nenos de 2 anos, empezaremos o cursiño o Xoves día 1.

Para mais información ou inscricións na Piscina Municipal de Xove, ou no teléfono 982-592001 ext. 225.

Exit mobile version