Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega considera que “quen non cumpre coa residencia non é a Xunta. É o alcalde”, pois este aínda non lle facilitou o informe que o Goberno galego lle soliciou en 2014

RIBADEO, 25 de maio de 2017.- O deputado autonómico, Daniel Vega, amosa “a súa absoluta sorpresa”, ante o que considera “un atrevemento sen precedentes” por parte do alcalde de Ribadeo ao dicir que a Xunta de Galicia non se implica coa posta en marcha da residencia da terceira idade desta localidade. E é que, o Goberno galego “sempre tivo vontade en colaborar con esta infraestrutura. Tanto, que foi a administración de Feijóo a que se ofreceu dende o primeiro momento para concertar prazas e axilizar así a súa posta en funcionamento.”

Por iso, considera que, dende o inicio, o alcalde “foi un mal xestor, pois renunciou no seu día á oferta que se lle fixo de concertar 40 prazas das 47 existentes. Ë dicir, preferiu recibir medio millón de euros para financiar a construción, que ter 40 prazas pagadas pola Xunta para sempre”, insiste.

Segue “sen facer os deberes”•
Deste xeito, o deputado popular quere deixar claro que “quen falla neste asunto non é a Xunta, senón que é o propio alcalde”. Daniel Vega fai esta aseveración porque o rexedor “non fixo os deberes nin antes, nin agora”. E é que a entidade local aínda non remitiu ao Goberno galego o informe necesario para que a administración autonómica faga efectiva a colaboración.

Concretamente, dito documento foille requerido á entidade local en agosto de 2014, hai case 3 anos, cano se lle propuxo un convenio de colaboracióin para financiar a residencia. “Esta é a única verdade en este asunto. A Xunta pídelle a Ribadeo o mesmo que lle pide a todos os concellos cos que colabora nunha iniciativa semellante. O que pretende facer o alcalde, non é outra cousa que engañar, pero as mentiras en política, teñen as patas moi curtas”. Por este motivo, e ante o que considera “unha clara falta de verdade á realidade, pide ao rexedor que deixe de enganar aos cidadáns deste xeito, que deixe de enredar e que afronte a realidade. Se Ribadeo non ten aínda o apoio da Xunta e porque ao alcalde non lle interesa a colaboración do Goberno galego. Do contrario, non se entende tal disparate, nin tal deixadez de funcións”, defende.

A Xunta cumpre a Lei
Pero é que, ademais, a Xunta de Galicia está a cumprir escrupulosamente a lexislación que rexen un proceso destas características. Tal é así que se trata dun procedemento perfectamente regulado no artigo 3 da Lei autonómica 5/2014 de medidas urxentes e reforma da administración municipal e no previsto no artigo 23 da Lei estatal 27/2013 de racionalización e sostibilidade da administración local. Este mesmo requisito aparace recollido tamén no artigo 68 da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia.

“Os documentos están aí, polo que lle pedimos ao alcalde que dea a cara e diga a verdade. A Xunta simplemente cumpre a lei, e dubidamos que o Concello dea subvencións sen a correspondente xustificación”, conclúe o deputado no Parlamento de Galicia.

Exit mobile version