Site icon Crónica3.com A Mariña

Domingo Álvarez o atleta do C.D.Egovarros-Viveiro proclamouse campeon galego de trail na categoría m-65

18320526_698192837052117_6879083779269313662_oViveiro 9-5-17. O pasado domingo celebrouse na Pobra do Caramiñal o terceiro Campeonato de Galicia de Trail, a proba constaba dun percorrido de 24 km, cunha dureza extrema onde os atletas tiveron a sorte de contar cun día soleado para poder rematar a proba, que se disputou baixo un fantástico ambiente de compañerismo e respecto pola natureza.
O atleta do club viveirense Domingo Álvarez, proclamouse campeon na categoría de M-65, acadando un tempo de 4 horas 45 minutos e 39 segundos, o seu compañeiro Rubén Vila, na categoría de M-40 rematou a proba na sétima posición cun tempo de 3 horas 14 minutos e 51 segundos.

Exit mobile version