Site icon Crónica3.com A Mariña

E AHORA QUE?

Trump, Rajoy, O de Dinamarca, A inglesa, Rusia, Turquia, Venezuela, Arxentina, Mexico……O que pasara hoxe en Francia, Italia o dos antigos países do este, Polonia, Chequia….vamos para atrais, como o cangrexo xa nanaide recorda aquelo de “ Un país que olvida o seu pasado esta condeado a repetilo” e asi nos vai.

Eu diría que a esperanza voou polo aire e coa esperanza, o espírito de loita dalgúns movementos sociais fagocitado por unha política de subvencións; diría tamén que os instrumentos de loita tradicionais (sindicatos sen ir máis lonxe) están baixo sospeita porque como, por exemplo as Eléctricas, transformáronse en empresas-trampolíns para políticos de medio pelo.
Aí os temos, témolos aí, co sua rata morta encima da cabeza a súa mala educación, os seus xestos, a súa falta de empatía, a súa soberbia, a súa machismo, a súa ignorancia e as súas mentiras. Estas xentiñas da extrema dereita son broncos e estúpidos. Señoras e señores e agora que?

Recoñezo que é un simple desafogo recoñecer que en calquera democracia globalmente normalizada maquíllanse os sistemas electorais que converten as eleccións unha farsa con maiorías fabricadas polo poder financeiro e empresarial, a manipulación descarada de condutas, a xeración de estados mentais favorables e unha liberdade de expresión controlada que che impide cagarte nos mortos dos manipuladores porque non é políticamente correcto e porque, ademais, pódeche caer unha hostia.
Resumindo, alí e tamén aquí, estannos dando polo ras e ademais gústanos ou polo menos iso parece, á vista dos resultados das eleccións, por casi todo o mundo mundial. Alguen presupoñía irónicamente que a vida era un xogo con moitas regulas pero sen árbitro e por iso aconsellaba evitar o corpo a corpo. E eu sego mantendo que a mellor forma de escapar, e resistir, pero resistir aquí, no mundo real, é difícil moi difícil e fai frio, fai unha temperatura glacial.

Exit mobile version