Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz acollerá un congreso rexional de viúvas este sábado

Foz, 19 de maio de 2017. Mañá, sábado, terá lugar na vila focense o Congreso Rexional de Viúvas, que este ano está organizado pola Asociación de Viúvas Pilar Otero, de Foz. A este evento asistirá o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.

O encontro celebrarase na Sala Bahía a partir das 12 do mediodía e participarán case 250 persoas de asociacións de Ourense, Santiago, Baiona, As Pontes, Ferrol ou Vilalba. Ás 12 horas haberá unha misa e a continuación celebrarase unha asemblea, na que participarán a presidenta da Asociación de Viúvas Pilar Otero, de Foz, María Luisa Fernández; o investigador e divulgador cultural focense Xosé Ramón Ermida Meilán; a presidenta da Asociación de Viúvas de Lugo e da Federación Galega de Viúvas, Aurora Carro Páramo; a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella; e o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.

Ao remate da asemblea todos gozarán dunha comida nunha carpa instalada na Sala Bahía e posteriormente haberá un baile.

Exit mobile version