Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz e Xove, campións na copa prebenxamín da Mariña

copaprebenxaminfinal17Burela 23-5-17.A Copa Prebenxamín da Mariña xa ten campións de 2017. A AD Santiago de Foz e A Fuga ACD Xove fixéronse co título en Prebenxamín 1 e 2 respectivamente na gran fase final disputada o sábado pasado no pavillón Vista Alegre de Burela. Os focegos impuxéronse a Maderas Barcia Lourenzá por 3-5 e os xovenses gañaron a Foz por 6-3.

En Prebenxamín 1 o terceiro posto caeu nas mans de ACD Xove tras vencer ao Pescados Rubén por un rifado 3-2.

A Copa despide a tempada dunha iniciativa que a Fundación Imdecum estreou hai catro anos para cubrir un baleiro competitivo na Mariña entre as categorías máis novas dando continuidade á Liga Prebenxamín da Mariña. En 2016-17, a liga, como antesala da Copa, finalizou a mediados de febreiro co Maderas Barcia Lourenzá e AD Santiago de Foz como campións en Prebenxamín 1 e 2 respectivamente.

Exit mobile version