Site icon Crónica3.com A Mariña

Francisco Xavier Fanego Bermúdez, novo Responsable Local do BNG de Foz

Foz, 10 de maio de 2017. As nacionalistas presentan o seu novo Responsable Local.

A semana pasada o BNG de Foz celebrou unha Asemblea para renovar cargos, como corresponde despois da Asemblea nacional celebrada na Coruña o pasado mes de marzo. Así, resultou elixido como novo Responsable Local do BNG Francisco Xavier Fanego Bermúdez. Nesta asemblea escolléronse tamén os membros do novo Consello Local, que fica formado polas seguintes persoas: Moncho Pena, Paco Teixeiro, Xosé Manuel Peña, Marcelino Cageao, David Rego, Jenniffer Seivane, Atilano Fernández, Iago Villamil, Francisco Xavier Fanego e as portavoces municipais, Lorena Seivane e Teresa Rego.

O Responsable Local, xunto co novo Consello Local, trae consigo as ganas e o impulso que a política focega precisan. Unha renovación necesaria para afrontar a segunda parte deste mandato que está resultando tan desastroso por causa da inacción e as malas prácticas do equipo de goberno.
Desde xa o novo equipo ponse a traballar para colocar a Foz no lugar que lle corresponde, xa que son conscientes –e lamentan moito- que o Concello fose quedando atrás con respecto doutros concellos da Mariña, a pesar de que foi pioneiro en moitos aspectos.

Segundo o novo Responsable Local, Fanego, “É un reto difícil, mais non imposible, porque cremos en Foz e nós medramos na adversidade e non dubidamos que un Foz que pense nos veciños e veciñas é posible. No Concello hai futuro e loitaremos por el con esforzo.”

Fran é claro á hora de definir o que ten por diante: traballar polo BNG e traballar por Foz.

Exit mobile version