Site icon Crónica3.com A Mariña

Iago Míguez non continuará no Pescados Rubén Burela

©LNFS / Dani MullorBurela 19-5-17. O capitán burelés, Iago Míguez, non continuará no Pescados Rubén Burela FS a próxima tempada. O canteirán laranxa priorizou dar continuidade á súa carreira deportiva en Primeira División rexeitando a oferta de renovación burelista. O club agradece a profesionalidade e compromiso de Iago Míguez e deséxalle o mellor na súa nova aventura profesional.

Iago Míguez quixo despedirse cunha carta de agradecemento dirixida a toda a familia laranxa.

ETERNAMENTE AGRADECIDO

Estas dúas palabras son as que mellor explican o que sinto nestes momentos, por iso quero comezar dicindo: MIL GRACIAS.
Foron seis temporadas a nivel profesional e desde o primeiro día, sentín que o Burela era especial, e que supera calquera expectativa. Estando dentro, un entende de verdade iso de que o Burela non é un club de fútbol sala, é unha maneira de vivir.
O que vivín aquí é moi difícil de expresar, só me saen palabras de agradecemento.
Gracias a todos os que confiastes en min, espero que non vos defraudara.
Gracias a todos os compañeiros cos que compartín vestiario. Durante esta etapa, aprendín de cada un de vós, foi un placer.
Gracias á familia e amigos, por sufrir e disfrutar comigo, sen vosoutros non podería ofrecer o mellor de min.
E, sobre todo, moitas gracias ó club e á afición!! Gracias polo voso cariño, polo voso respeto, polo voso alento, desde o momento en que cheguei, ata o día en que me vou.
Hoxe acepto outro desafío. As despedidas sempre son tristes, pero, de verdade, síntome orgulloso, agradecido e feliz de ser un pataqueiro máis e de vivir estes grandes anos con vosoutros. Para min, inolvidables.
Levarei sempre con orgullo o pertencer ó Burela F.S., equipo no que sempre soñei xogar desde que era un neno. Só espero que estivera á altura.
O BURELA SEMPRE ESTARÁ NO MEU CORAZÓN… ATA PRONTO!
Iago Míguez Expósito

Exit mobile version