Lucus Ensemble nace en Lugo no ano 2014. Despois de coincidir en diversos concertos benéficos, un grupo de músicos con amplia experiencia pensan na posibilidade de crear unha formación estable na capital lucense para o desenvolvemento de proxectos musicais adaptados para un ensemble mixto vento-corda-percusión baixo a dirección musical de Alejandro Troya. Este farase cargo tamén, xunto con outros membros da agrupación, de ultimar as adaptacións e arranxos necesarios do programa, sendo esta unha das características identificativas do grupo, xa que todo o repertorio está arranxado por e para o Ensemble. Conta cun plantel fixo de once músicos:
Oboe Mateo Bande
Frauta Cristina Díaz
Clarinete Miguel A. Díaz
Clarinete Adrián Balboa
Clarinete baixo Santiago Noriega
Saxofón Alejandro Troya
Trompa Moisés López
Fagote Xosé Fernández
Violonchelo Cristina Nogueira
Contrabaixo Araceli Martínez
Percusión Carlos Vázquez