Site icon Crónica3.com A Mariña

Luis Miguel Yáñez foi o gañador do II certame de monólogos Concello de Burela

310517 Foto monologosBurela, 31 de maio de 2017. Seguen as festas patronais de Burela co grande karaoke, que terá lugar hoxe a partires das 20 horas nas categorías infantil e xuvenil e mañá na categoría senior.

Onte celebrouse o II Certame de Monólogos Concello de Burela. O gañador foi Luis Miguel Yáñez e o 2º premio foi para Alberto Geada. Na entrega de trofeos estivo o edil de Cultura, José Díaz, que tamén é membro da comisión organizadora das festas.

Desde a Delegación Municipal de Cultura informan que o vindeiro sábado, 3 de xuño, Burela será protagonista no programa da TVG Aquí Galicia. Desde a praza do Concello haberá conexións en directo a pé de rúa, música de orquestras galegas, grupos de baile, etc…

Exit mobile version