Unha vez transcorrido o prazo de dúbidas e os participantes entreguen a documentación necesario que se lle require, nas vindeiras semanas publicarase a listaxe definitiva dos 193 parados lucenses que comezarán a traballar en 178 empresas e colectivos sociais sen ánimo de lucro dos 67 Concellos. Os contratos contarán con cláusulas sociais para blindar os dereitos dos novos traballadores. Os seus custos laborais de 1 ano serán financiados cos 2,4 millóns de euros que achegou o Executivo Provincial á terceira edición desta programación de emprego na provincia.
Por liñas, a participación nas probas foi a seguinte:
– Liña 1A: máis de 1.790 desempregados lucenses participaron nas probas selección para traballar en 116 empresas da provincia ás que o Goberno da Deputación lle financia o 50% dos custos laborais dos novos traballadores.
– Liña 1B: máis de 400 desempregados lucenses con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral participaron nas probas selección para traballar en 36 empresas da provincia ás que o Goberno da Deputación lle financia o 100% dos custos laborais dos novos traballadores co obxectivo de favorecer a súa inserción laboral unha clara aposta pola integración social.
– Liña 2: máis de 340 lucenses en paro participaron nas probas de selección para traballar 26 colectivos sociais sen ánimo de lucro aos que o Goberno da Deputación lle financia o 100% dos custos laborais dos novos traballadores.