Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro”, para instar ó concello ó adecentamento da Rúa Pena Parda no barrio de Marzán

Foz 25-5-17. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

No barrio de Marzán, temos a rúa Pena Parda, rúa que vai dende a Avda. de Viveiro ata a rúa que sube o Obispo Santo. Esta rúa ten a particularidade de ser a vía de aceso ó apeadeiro de FEVE, estación esta usada pola maioría de persoas que utilizan este medio de comunicación para vir e marchar do noso pobo, así como, sobre todo a xuventude en temporada estival. Nos últimos tempos veciños e veciñas desta zoa nos transmitiron o seu malestar polo estado desta rúa no seu firme, así como pola falta de limpeza das cunetas, o que provoca que se acelere a degradación do firme desta rúa.

Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

– Instar ó Equipo de Goberno Municipal a adecentar o firme da Rúa Pena Parda, no barrio de Marzán, dende a Avda. de Viveiro ata a estrada que sube ó Bispo Santo.
– Instar ó Equipo de Goberno Municipal á limpeza de cunetas e tubos de entradas ás fincas para que as augas transcorran por ditas cunetas e non invadan a calzada.

Exit mobile version