Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro”, para instar ó Concello ó pintado e sinalización da rúa do cemiterio e rua do adro da Igrexa en Vilaronte

FOTO 4Foz 20-5-17. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Na parroquia de Vilaronte, nos últimos tempos, fíxose unha obra moi importante como foi o aceso a esta parroquia pola estrada do cemiterio. Con anterioridade abrirase a estrada que ven dende a igrexa ata o cemiterio e mais fixéronse as beirarrúas. Sen embargo na última reunión da Asociación de veciños e consumidores de Vilaronte houbo novas propostas para mellorar esta zona, e que nos foron transmitidas os membros de “Foz, Plataforma de Futuro”. Como amosamos nunha foto que acompaña esta moción, podemos observar que a sinalización vertical que hai para sinalizar a entrada desta parroquia pode ser mellorada considerablemente. Así mesmo reivindícase por parte dos veciños e veciñas que se pinten os carrís da rúa do cemiterio e mais a rúa do atrio, así como que se pinte a zona de aparcamento na rúa do atrio e se sinalice para evitar o desorde que alí se produce. Ó mesmo tempo os veciños que transitan esta estrada quéixanse, como se pode ver nunha das fotos que axuntamos, que hai un cruce moi perigoso nesta estrada, concretamente o cruce que enlaza esta estrada coa rúa que vai cara o Centro Social do Castro por falta de visibilidade, e o ser tan estreita para facer o xiro cara o cemiterio hai que meterse á cuneta e como se ve na foto cada vez é mais fondo o furado que alí se vai facendo.

Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

Instar ó Equipo de Goberno a:

– Mellorar a sinalización vertical que hai na estrada xeral que vai dende o cruce dos Camioneros dirección ferreira nos dous sentidos.
– Pintado dos carrís da estrada do cemiterio e estrada do atrio, así como o pintado dos aparcadoiros nesta última estrada para acabar co desorde que alí se produce.
– Mellora do cruce que enlaza a estrada do cemiterio coa estrada que vai dirección ó Centro social do Castro.

Exit mobile version