Dita moción despois dun amplio debate, foi aprobada cos votos favorables do Partido Popular , os Non adscritos e Son Viveiro, mentres que o PSOE se abstivo.
En dita moción o concelleiro popular Celestino Garcia presentou no pleno as firmas dos veciños dos barrios de Sacido ( 15) A Carreira ( 13) e Porta de Leira (20) da parroquia de Covas , todas de veciños que non teñen alcantarillado nin posibilidade de acceder a un servicio tan básico como e o saneamento na zona rural . Estas firmas non son so para solicitar este servicio, senón tamén para adquirir o compromiso das vivendas de entroncarse ó mesmo cando as obras do saneamento estén rematadas.
Por todo esto o grupo municipal do Partido Popular de Viveiro , vai a pasar polo Rexistro do Concello as firmas recollidas e dirixidas á Sra. Alcaldesa, firmas coas que os veciños esixen a realización das mencionadas obras, ben sexa con aportación económica local , provincial , autonómica e incluso Estatal.
Celestino García Paz
Concelleiro do Partido Popular de Viveiro