Site icon Crónica3.com A Mariña

O 1º premio do XII “Ribadeo de tapeo” foi para El Oviedo, o 2º para A Mirandilla e o 3º para O Parador de turismo. o premio da tapa de Ribadeo lévao La Villa. Así o decidiu o xurado profesional

Ribadeo, 22 de maio de 2017. Xa se coñecen os nomes dos gañadores do XII Ribadeo de tapeo. Un xurado profesional composto por cinco persoas, que estiveron probando e xulgando as tapas presentadas a concurso desde as cinco e media da tarde nas instalacións do hotel restaurante Voar decidiu que:

O 1º premio fose para El Oviedo (Polbo en salmoira de dashi, escabeche suave de algas e espuma de mar)
O 2º premio foi para A Mirandilla (Gua Bao Mex)
E o 3º premio para o Parador de Turismo (Crocante de bacallau)

O premio Tapa de Ribadeo lévao La Villa (Hai roupa tendida)

O xurado decidiu tamén realizar mencións para: AG Porcillán (¿Quén corta o bacallau?), Fumarel (Empanada aberta) e Marinero (Relaxing bocadillo of calamares in Porcillán)

Segundo acaba de explicar a concelleira de Turismo e Desenvolvemento Local, Ana Martínez, “o xurado destacou a alta calidade das tapas que se presentaron a concurso e que foron unhas vinte”. A edil nacionalista tivo palabras de agradecemento para “os membros do xurado polo traballo realizado ao longo desta tarde-noite e tamén para os 52 locais que participaron no XII Ribadeo de tapeo”. Martínez felicitou tamén aos gañadores.

A entrega de premios terá lugar o 3 de xuño no Cine Teatro, nun acto no que tamén se escoitará aos grupos participantes na segunda edición dos Cantos de Taberna.

Nuns días coñecerase a elección do público, que elixe tamén a mellor tapa e a mellor barra.

Exit mobile version