Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello cambia a sinalización turística. o investimento ascende a 40.000 euros. Ramiro Fernández subliña que “con este tipo de actuacións se mellora a imaxe de burela”

230517 Foto sinalizacion turistica BurelaBurela, 23 de maio de 2017. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, ven de anunciar que durante esta semana se rematará de colocar a nova sinalización turística do Concello de Burela.

O edil indicou que “a nova sinalización é moderna e cunha estética moito mellor da que había, que estaba en mal estado e supoñía un risco para os viandantes polo óxido que acumulaba. Os novos indicadores son dun material máis resistente ás condicións meteorolóxicas adversas”.

Fernández Rey explicou que “esta actuación conta con financiamento do Concello e da Deputación Provincial de Lugo e o investimento vai superar os 40.000 euros. Entendemos que era unha inversión que era moi necesaria e mellora substancialmente a imaxe de Burela, que é o que se pretende, ademais disto faise especial fincapé na situación dos nosos recursos turísticos mellorando a súa sinalización e localización”.

O concelleiro de Turismo quixo facer fincapé en que “con este tipo de actuacións se mellora a imaxe do pobo e o fai máis atractivo demostrando o compromiso de este equipo de goberno coa boa imaxe que ten que presentar o pobo para desfrute dos veciños e dos visitantes”.

Exit mobile version