Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Alfoz crea unha nova bolsa de emprego para postos de traballo de auxiliar de axuda no fogar

Persoal SAF 2017Alfoz 31-5-17. Segundo se publicou no BOP do martes 30 de maio de 2017, ábrese o prazo de 7 días hábiles para a presentación de instancias para formar parte dunha bolsa de emprego para o posto de auxiliar de axuda no fogar no Concello de Alfoz. A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento dunha nova bolsa para suplir as necesidades de contratación deste tipo de persoal que non poidan ser satisfeitas co persoal de axuda no fogar que forma parte da bolsa de existente aberta en novembro do ano 2015. Trátase da contratación de persoal eventual por circunstancias da produción coa finalidade de substitución de postos de traballo da categoría convocada pola concorrencia dalgunha causa tal como baixas, vacacións, licenzas e permisos ou calquera outra necesidade circunstancial.

Tal e como indica Carmen Geada, Concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Alfoz, “actualmente a bolsa existente estaba esgotada polo que se tiñan que cubrir as baixas con persoal da empresa contratada para o servizo de depedencia” ademais, ao contar con persoal propio o servizo á máis eficiente “podendo atender con mais axilidade, baixas ou situacións de emerxencia”. A intención do Concello de Alfoz é a de seguir reducindo paulatinamente a lista de agarda existente.

Exit mobile version