Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo acollerá o IX campionato galego de Taijitsu o vindeiro domingo, 28 de maio

230517 campionato galego de TaijitsuCervo, 23 de maio de 2017.- O Concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o IX Campionato Galego de Katas Nihon Taijitsu (defensa persoal) o vindeiro domingo, 28 de maio.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Deportes, José Ramón Soto, presentaron o evento acompañados do director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.

Tal e como explicou o rexedor “dende o Concello tentamos diversificar toda a actividade deportiva que programamos, tentando dar cabida a un gran número de disciplinas, aproveitando as privilexiadas instalacións das que disponemos, como neste caso é o complexo deportivo da Veiga”.

Soto e Villares incidiron en que o que “pretendemos dende o Concello é achegar a veciños e visitantes esta arte marcial de orixe xaponesa, que chegou a Galicia pola Mariña vai 24 anos, da man deste mestre que é, ademais, veciño noso”.

A representación mariñana estará conformada por uns 20 participantes, entre os que destacan o subcampión galego, natural de Cervo, Marcos González Villares, ou o Subcampión de España Joel Romero.
Os participantes competirán nas modalidades de Kata e Goshin Sobu, nas categorías infantil, benxamín, xuvenil e senior.

A proba desputarase dende as 10:00 horas ata as 13:00 horas no Pavillón da Veiga. Haberá trofeos e medallas para os tres mellores de cada categoría.

Exit mobile version