No acto participou o edil de Deportes, José Ramón Soto, que, acompañado dos monitores, fixo entrega de diplomas e tamén dun pequeño agasallo aos máis pequenos.
A tempada desenvolveuse entre os meses de outubro e maio, con actividades para nenos (nos niveis de aprendizaxe e adaptación, iniciación, e perfeccionamento), adultos (iniciación, perfeccionamento e Aguagym), bebés e mulleres embarazadas.
Neste curso participaron preto de 200 usuarios, entre nenos e adultos, ademais de medio cento de alumnos procedentes das diferentes ANPAS da contorna.
O edil de Deportes sinalou “o compromiso do Concello de Cervo coa práctica deportiva no seu conxunto, e neste caso coa natación, un deporte dos máis completos e saudables, tanto para nenos como para adultos, que ademais de ser beneficioso para as nosas articulacións e para a nosa forma física, tamén nos aporta maior flexibilidade, mellora a coordinación e favorece a nosa capacidade motriz; entre outras moitas vantaxes; tendo en conta ademais que contamos cunhas instalacións privilexiadas para poder practicala”.
Soto quixo dar as grazas aos usuarios e tamén aos monitores municipales, que dirixen e supervisan unhas actividades que ano tras ano van gañando participantes, e recordou, así mesmo, que xa está aberto o prazo para preinscribirse nos cursos da tempada 2017/2018, e engadiu que “dende o Concello animamos a todos, grandes e pequenos, a que gocen deste deporte tan beneficioso para o noso benestar físico e emocional, en calquera etapa da vida”.